viernes, septiembre 29, 2006

Venres 29. Continúa o Congreso

Esta noite si
Marga

Volvimos a repetir o horario do día anterior. Ese que empeza co despertador ás 7 e media da mañá.
Xa só queda Margarita nerviosa. Mentres que almorzmos descubrimos que aínda non vimos nada de Murcia a non ser o hotel, o centro de congresos e o camiño entre os dous. Quedamos en cada un buscará o momento que considere máis oportuno para sair a dar unha volta por Murcia.
Ao chegar á sede do congreso dividimonos para asistir cada un ao acto que preferise. Eu escollín fun a un Panel de Expertos sobre "A sociedade da información en iberoamérica". José Luis Pardos recordounos a historia de Internet en España. O mesmo fixeron persoas de Arxentina, Colombia, Venezuela e Chile. Verdadeiramente non estaba a ser excesivamente interesante e decidín que era o momento de dedicar un par de horas a coñecer un pouco de Murcia.
Fun andando polas ribeiras do Segura. Estaba cheo de carteis lembrando o problema do auga. Están verdadeiramente preocupados por este problema. Tenta aforrar o máximo posible. É curioso comprobar como aproveitan ata a auga que libera a condensación do aire acondicionado. A Catedral é grandiosa. Conta cunha capela gótica moi bonita e un coro espectacular. Despois dunha hora de paseo volvín ao congreso. Atopeime con Israel que estaba noutro panel de expertos sobre o "Papel de las Fundaciones en la sociedad del conocimiento". Gustoulle o que explicou Rocio Miranda de Larra sobre las aportaciones de la Fundación France Telecom en la sociedad de la información y las personas con discapacidad. Pareceulle que era un proxecto que podia gardar similitudes co da Fundación Amancio Ortega.
Cando acabou esta mesa de expertos fomos comer a un bar que estaba enfrente do centro de congresos. Comimos peor que o día anterior. O problema da hostelería empeza a ser preocupante. Non é que falte profesionalidade, é que non hai ningunha. Así e a todo o gazpacho estaba rico.
Os nervios aumentaban. Marga non sabía que facer. As 4 menos cuarto conseguimos entrar pola porta lateral., Hoxe os moderadores da mesa estaban xa no seu sitio. Eran Juan e Antonio. os dous galegos. O día anterior xa nos reuníramos con eles e co resto dos galegos presentes no congreso e cos que o estaban a realizar dun xeito virtual para crear unha lista de distribución de correo-e.
Marga era a 2ª. antes ían a falar uns colombianos da universidade de Antioquia (Medellín) que presentaban un entorno informático para estimular as habilidades dos adolescentes xordos.
O de Marga tíñámolo todo comprobado e requetecomprobado. Nada podía fallar. E nada fallou. Marga estivo moi nerviosa, pero comunicativa. Fixo que todos sentísemos unha pouca de envexa por non ter realizado o Dialogo de castigados. Que algunha diapositiva pasase demasiado rápido, non importaba. O sonido saiu ben. As actividades de clic cando correspondia. Todo Ben. Ao rematar e despois de moitos aplausos, Marga pudo relaxarse e pasar a disfrutar do congreso.
Despois de Marga falou Mª Isabel Laguna do CP Emilio Varela de Alacante que deunos algunhas ideas moi interesantes para traballar con Power Point en Educación Infantil a diversidade. Presntounos como facer contos, traballar o protagonista da semana e outras actividades .
A continuación José Blas do CADI de Murcia presentou actividades, programas e materiais para traballar o castelán como 2ª lingua. Descubriunos un programa da Generalitat de Valencia que se chama "Vine-Ven" que pode ser moi útil para utilizar co alumnado de minorias étnicas.
Os seguintes tiñan que ser uns de Caravaca que non puideron asistir.
Cando rematamos volvimos cara o hotel para descansar e prepararnos para a cea

Xoves 28 de setembro pola tarde. 1ª actuación

"Temos que educar para soportar
a incertidume dunha sociedade en crisis"
(prof. Antonio Rodríguez de las Heras)

ou "Se algo pode ir mal irá mal"

Pero a nós despois de moitas incertidumes todo foi ben.
Eran as 3 e media da tarde cando deixamos ao resto da expedición para achegarnos ao centro de congresos para preparar a nosa intervención. As moderadoras da mesa que nos correspondía convocárannos ás 4 menos cuarto para preparar todo. A esa hora aínda estaba pechada a entrada principal. Un garda de seguridade indicounos unha entrada lateral. Chegamos a nosa sala e alí non había ninguén. Para a nosa comunicación traiamos un Plan A, outrso B, outro C e un oculto D. Acendemos o ordenador que había na mesa, pero non funcionaba. Se conectabamos ao cañón o noso ordenador o que non funcionaba era o cañón. Estabamos todos os que iamos expor nesa mesa por un estilo. Cando chegaron as moderadoras da mesa, tampouco eran capaces de solucionar os problemas. Tiveron que ir buscar a un técnico que finalmente foi capaz de solucionar os problemas. ¿Todos? Case todos.
A 1ª comunicación, con media hora de retraso e cos que iamos presentar comunicacións a cada momento máis histerícos foi a de Antonia Cascales Martínez. (É moi curioso como afectan os nervios as persoas. Algunhas quedan caladas e outras so falan. Carmen era destas últimas non era capaz de estar calada. Falaba, falaba, falaba. Como Marica en Morelia). A comunicación de Antonia Cascales trataba sobre a "Inclusión educativa y digital: una propuesta de trabajo dentro del aula". Non lle funcionaron os enlaces. Coas presas da preparación os enlaces non os copiara e o que quería presentar non lle funcionou.
A 2ª comunicación era de Ana Irene Alves de Oliveira. A súa comunicación levaba por título: "Utilizaçao de softwares como recurso de estimulaçao dos pre-requisitos para leitura e escrita en crianças especiais". Máis problemas. O primeiro o do idioma. Nos mal que ben iamos entendendo o que falaba en brasileiro. O resto do público non se enteraba de nada. Non concibo que houbese traductoras de signos e que non houbese un servizo de tradución portugués/castelán. A profesora da universidade de Pará non lle funcionaron os videos. Aínda que trouxera o seu ordenador para evitar problemas, non contara coa compatibilidade co proxector.
A continuación tocabanos a nós. ¿Que como estaba la plaza?. ¡Abarrotá!. Empecei eu. Prometéralle a Carmen que me enrollaría o que ela quixese. Fíxeno un pouco de máis. Ela seguiu e bordou a presentación, aínda que o dedo co rato ialle máis rápido que a lingua (o cal é bastante difícil). Desta vez non tivemos que esperar polo mexicano que nos trouxese o rato. Marga que é moi previsora trouxera un. Non chegou o tempo para presentar a actividade. Falamos de máis ou é que 20 minutos non chegan para nada. Aplausos e máis aplausos. !Xa estaba!
A continuación Ricardo Rosas de Chile presentou Cantaletras 2.o un sistema de apoio para a lectura das persoas cegas.
Despois Elena Mª Díaz Pareja e Juana Ortega-Tudela da universidade de Jaen presentaron E-reading en el marco de la atención a la diversidad.
Despois de que acabaron volvimos a subir todos para as pregunta. Ningunha. Xenial. Xa acabaramos.
Despois dun descanso cada un asistiu ao taller que quixo. Eu asistin a un taller titulado: "Diseño para ti- D4d" da Fundación Once. Enrique Varela e Carlos Egea fixeron un taller moi ameno onde falaron de accesibilidade. Demostraron que a case todos nos falta algunha capacidade. Mandaron poñer de pé a todos e foron mandando sentar aos que tiñamos gafas, aos operados, ...Ao final quedou só unha rapaza de pé.
Falaron da barra de ferramentas ais para mirar a accesibilidade das páxinas. E, atento Simón, considerou a Web 2.0 como un invento macabro. Fáltalle usabilidade e accesibilidade.
Eran as 8 e media. Hora de ir a darnos unha ducha para sair a cear. Chovía. A mares. Nos non tiñamos paraugas. Perdón. Marga, si. Muller previsora

jueves, septiembre 28, 2006

A mañá do xoves

A mi no me gusta la gente
que no come todo
(Camarero murciano)

Sete e media da mañá soa o despertador tanto do móbil como o da habitación. 8 a.m. quedamos para almorzar. 9 da mañá saímos para o centro de congresos Victor Villegas. 15 minutos ¡a pé! e xa estabamos recollendo a documentación do congreso. Cada día que pasa dan máis información: turística, de editoriais, de restaurantes... Atopamos o 1º coñecido, Juan que é o que vai moderar a mesa onde vai expor a súa comunicación Margarita. 2ª sorpresa por "dificultades técnicas" non hai CD coas ponencias e comunicacións, senón un libro de actas de verdade e que pesa cantidade. Xa sabedes que quen o queira consultar terémolo a disposición de quen quera.
Ás 9 e media da mañá xa estabamos sentados no auditorio para esperar que as autoridades políticas da Rexión de Murcia inaugurasen o congreso. Bastante rápido. Fotos. Cámaras de tv. E xa podemos pasar a outra cousa ou ao que en verdade nos trouxo tan lonxe da casa.
A conferencia inaugural vaina dar Antonio Rodríguez de las Heras profesor da Universidade Carlos III de Madrid. É o 2º congreso ao que vou que é inaugurado por este profesor. Non me extraña. Deixoume igual de encantado que a 1ª vez. Áxil, ameno e reflexivo. Fala da sociedade do coñecemento.
Espuxo como se ten que producir a migración desde a sociedade industrial á sociedade da comunicación pasando polo estadio no que nos atopamos da sociedade da información.
Explicou que temos que facer a "metabolización da información". O coñecemento elimina as árbores que non nos deixan ver o bosque. O exceso de información non deixa ver o bosque do coñecemento.
Existen 3 cauces para derramar o coñecemento á sociedade.:
  • Tecnoloxía. Chega á sociedade en forma de avances tímidos
  • Cultura: en forma de productos culturais
  • Educación
"Temos que preparar para soportar a incertidume dunha sociedade en crise"
A sociedade dixital á que tendemos permite:
  • A ubicuidade.
  • A deslocalización
  • Simultaneidade.
A sociedade do coñecemento leva a liberdade nas sociedades pequenas. .
Para chegar á sociedade do coñecemento hai que armonizar a igualdade coa diferencia e coa liberdade.
Da gusto asistir a este tipo de congresos para escoitar a xente que fai filosofía. Que reflexiona sobre o mundo no que vivimos e que explica o que pasa e cara onde imos. O profesor Antonio Rodríguez de las Heras ten un libro dixital no que, á parte dos seu valor literario utiliza as técnicas hipertextuais.
Cando acabou esta conferencia inaugural houbo unha representación teatral "Mary Poppins" realizado polo alumnado dun centro de educación especial
A continuación houbo un panel de expertos sobre As tecnoloxías na escola inclusiva. O máis interesante foi a presentación de Francisco Jesús García Ponce coordinador do "Proyecto Aprender" do Cnice no que participara a nosa Carmen Fernández como colaboradora. Contounos que chegara a odiar a Gusi. Se queredes máis información sobre o proxecto, xa sabedes dirixirvos as fontes e preguntarlle a Carmen Fernández. Mentres que estabamos a escoitar a este ponente, ocurriuseme mirar cal era a sala onde iamos a falar pola tarde. Sorpresa era na mesma sala onde se estaban a realizar as sesións plenarias do congreso. Acababamos de multiplicar por dez a esperanza de asistencia. Tamén multiplicamos por cen os nervos e a preocupación. ¿Que dixo medo, coa de hospitais que hai?. (Viramos un moi grande mentres viñamos andando cara o centro de congresos)
Ás dúas e media fomos comer a un bar que hai en fronte ao palacio de congresos. Se a noite anterior tivéramos un camareta borde esta vez tocounos un moi agradable e que nos ofreceu un gazpacho e unhas xudias riquísimas. A cervexa, por desgraza, non era da "Estrella del Bierzo" senón que era a Estrella de Levante pero estaba boa.
Ás 3 e media Carmen e máis eu volvimos cara o centro de congresos para preparar a nosa "actuación"

Congreso Tecnoneet. Setembro 2006

¿Que onde se come o mellor marisco?
No Bierzo. Por suposto
Dos pementos, xa falaremos.
Estamos en Murcia terra de pementos. Os 2º mellores do mundo despois dos de O Bierzo. Antes de sair produciuse a primeira baixa na viaxe. Cristina do IES de Pastoriza non recibiu a autorización para asistir ao congreso de Teconeet
Para chegar a este primeiro congreso do curso 2006-2007 fixemos un percorrido moi interesante. Parecía que non queriamos deixar o mar. Impresionante sair de A Coruña e chegar a Barcelona seguindo todo o Cantábrico e despois os Pirineos. Voando por riba deles e sen axuda de ningún tipo de estimulante (Iberia non da nin auga). Chegar a Barcelona en avión é impresionante. Ves toda a cidade a vista de páxaro e recordas as olimpiadas, ves a Torre Agbar de Jean Nouvell, por certo Jean Nouvell presentara un proxecto para o novo Palacio de Congresos de A Coruña. A Torre Agbar pode gustar ou disgustar, pero a ninguén deixa indiferente. O palacio de congresos de Palexco non se ve.
Despois de varias horas de espera no Aeroporto de Barcelona collimos un pequeno avión que nos levou costeando ata Murcia. Como voabamos tan baixo era moito mellor que o Google Earth, Stellarium e ata que o Celestia xuntos (síntoo Xabier pero é así). Os que fixemos o bachalerato de antes das sucesivas reformas, distinguimos o Delta do Ebro, a cidade de Valencia e a Albufera, as Salinas, o estadio Rico Pérez de Alacante é a Manga do Mar Menor. O aeroporto de San Javier está situado en plena Manga e rodeado de toda a flota de cazas da aviación española. Chegaron as nosas maletas á cinta antes de que nos baixasemos do avión. Collimos dous taxis e 30 minutos de camiño ata chegar ao hotel de Murcia. O NH Rincón de Pepe está situado en pleno centro de Murcia ao lado da catedral. Despois de subir á habitación a deixar as maletas saímos dar unha volta para cear algo. Entramos nunha taberna e tomamos unha cañas cuns mexillóns picante cultivados en plena horta de Murcia. Estaban moi bos e tamén lles chamaban Tigres.
Como o cansanzo empezaba a chegar tomamos un café e volvimos para o hotel. Margarita necesitaba concentrarse e Carmen comprobar que o Neobook non ía dar problemas. Como algo falle na nosa presentación é capaz de "matar" ao autor do programa Neobook. Traemos 4 alternativas. Esperemos que algunha das 4 funcione. Senón Israel, que todo o pode, o solucionará.

lunes, mayo 22, 2006

Reunión en Lasarte. Visita ao Berritzeguneak

Arde la calle al sol de poniente,
hay tribus ocultas cerca del río
esperando que caiga la noche.
Hace falta valor, hace falta valor,
ven a la escuela de calor.

Calor, ía moita calor. Todos eramos xente do norte aínda que ningún de Bilbao. 35 graos no medio de montañas é demasiado calor. Despois de comer con 3 profesores e cos responsables Tic tanto da zona como de Gupúzcoa fomos tomar café a un caserio situado no alto dunha montaña buscando algo de fresco. Nada, máis calor. Queixábamonos todos, aínda que cando nos explicaron que este caserio, reconvertido en restaurante de Turismo rural era da familia de Edurne Pasabán e si ela subira ao Everest, nos podiamos aguantar o calor.
Fuximos buscando o aire acondicionado da furgoneta. E dirixímonos ao Berritzeguneak (Centros de apoyo a la formación e innovación educativa).
Victor Bermejo e José Orenga explicaronnos o funcionamento destes centros. Son como os nosos Cefores dotados da última tecnoloxía. Vimos o funcionamento dunha aula para video-conferencias. Explicáronnos o uso é a utilidade de dous portais de uso das Tic Elkarrekin.org e Elkarrekin.net . No primeiro deles aparece toda a información sobre cursos e actividades a realizar en Euskadi. Dentro destes cursos está uns gratuítos e en castelán sobre clic, Hot Potatoes, Pizarra digital,... en http://www.elkarrekin.org/elk/gela/indexC.html. En Elkarrekin.net aparecen diferentes proxectos que se están a realizar nestes momentos en euskadi. O proxecto sobre os Osiños de peluche existe en castelán en http://www.telar.org/telar/proyectos/ositos/ositos.htm, non operativo nestes momentos. Neste proxecto irmananse clases que intercambian osiños de peluche, ou outro xoguete suave, por correo postal. Logo o osiño envía ao seu lugar de orixe un diario por correo
electrónico, polo menos unha vez á semana, na que describe as súas aventuras, os lugares aos que foi, as cousas que fixo e viu. Este proxecto apunta a motivar a escritura brindando aos nenos un destinatario real. Eles escriben a súa mensaxe como se fosen o osiño visitante. Outro dos proxectos é o Atlas da diversidade.
Volvimos a criticar ás diferentes administracións. A última que tiñan en Euskadi era o envío masivo de impresoras aos centros. Impresoras que ninguén pedirá e que tiñan un coste de mantemento moi elevado.
Ás 5 e media da tarde deixamos Lasarte para ir en dirección a Bilbao. Como o único que medio era de Bilbao era eu, os outros "se rajaron" e quixeron ir directamente ao aeroporto a esperar polo avión que só saíu media hora tarde. As horas de espera pasáronse entre visitas ao Smoking Point, contemplar a Carmen Posadas (¡¡53 anos!!) e falar por teléfono. Despois dun vo de 50 minutos ás 9 e media estabamos en Santiago onde estaba a nosa espera os taxis para vir de volta a A Coruña.
Eskerrik asko Roberto
Eskerrik asko Victor
Eskerrik asko Juanjo
Eskerrik asko
guztiak

jueves, mayo 18, 2006

Visita a Asteasu. O encontro

Camiñan ao meu rente moitos homes,

non os coñezo. Sonme estranos.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.



O día 17 erguémonos as 7 e media da mañá porque ás 9 e cuarto tiñamos que estar no Colexio de Asteasu. Durante o almorzo e mentres que Sabino se queixaba de que botara en falta a súa cama, Elena e Mª Jesús se sentían privilexiadas polos detalles do hotel nas súas habitacións, empezamos a poñer en común toda a información recoletada na rede sobre o camiño que tiñamos que seguir para chegar a Asteasu. Esrael sacara a información de Repsol, eu de Via-Michelín, e non coincidían. Polo que o único que tiñamos claro e que tiñamos que saír de Donostia pola NI en dirección a Andoaín. Montamos no coche e descubrimos que o coche tiña un reloxio e que ao lado do reloxio había un ¡compás! que ía marcando en que dirección iamos. Cando dabamos unha curva pasaba de Sur a Sur-Leste ou a Norte. Non fomos capaces de descubrir cal podía ser a utilidade deste mecanismo.
Despois de perdernos un par de veces chegamos ao colexio con media hora de retraso. Este estaba colocado nun sitio espectacular. Entre montañas. No medio de prados e cunha edificación uniforme. Sen casas alpinas nin porches con alpendres adosados. Estaba a nosa espera Roberto Suberbiola responsable Tic do centro.
Diante dun café e sentados nuns pupitres de 4º empezamos a traballar. Explicousenos que neste colexio traballaban sen libros dándolle un enfoque constructivista á súa práctica docente diaria. O 1º que descubrimos era que estabamos diante de mestres normais. Xente que non tiña á tecnoloxía comoa a panacea que soluciona todos os problemas. Xente que valoraba ter unha boa biblioteca no centro. Xente que valoraba o funcionamento dun laboratorio. Xente que tiñan os mesmos problemas que nos. Problemas coa administración, problemas co concello, problemas de falta de recoñecemento. Non estabamos diante de ningún "galactico" do ensino. Estabamos a falar cun mestre que diante de problemas concretos aplicaba solucións imaxinativas e baratas. Solucións que poden ser aplicables as nosas clases. Ensináronnos unha posible reutilización dunha cámara de video analóxica (unha Handycam de 8 mm) como proxector de opacos. Tamén vimos o sistema que utilizan para facer imaxes dos CD dos programas para telos instalados na rede e podemos utilizar sen ter a necesidade de introducir o CD. Falamos das diferencias entre as pizarras dixitais interactivas do simple proxector. Comentamos a importancia das mesmas dentro dunha clase pero discutimos tamén sobre a súa colocación, por parte dalgúns mestres, como cerne e solución para todos os problemas do ensino.
Nesta reunión estaban, tamén, Víctor Bermejo González responsable TIC de Guipuzcoa e por Juanjo responsable Tic da zona. Estes dous íannos recibir pola tarde no centro de Apoio á formación e innovación educativa de Lasarte.
Despois de máis dunha hora de debate moi fructifero pasamos a visitar as instalacións do centro. na aula de informática vimos unha colocación diferente dos monitores. Aquí falamos sobre a necesidade ou non das aulas de informática.
A continuación fomos visitar unha aula de 6º onde estaban a traballar cos TabletPc. Son uns ordenadores portátiles dun tamaño máis reducido que os nosos e aos cales se lles pode sacar a pantalla e utilizala como unha pizarra ou un caderno onde tomar notas manusctitas. Ten un sistema de recoñecemento de caracteres moi bó. ¡Ata recoñecía a miña letra!. Vimos a utilidade que lle dan a Ikasguay onde van recopilando recursos para utilizar co seu alumnado na aula ou na aula de informática.
Aínda non vos falei da calor.
Falando del, empezarei cando fale da tarde.

Visita a Asteasu. A viaxe

"... eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro
..."

Era o día das Letras. Este ano non ía participar no cortexo cívico das letras pola Cidade Vella. Este ano, aproveitando o día non lectivo íamos acudira visitar un colexio público en Euskadi, iamos visitar o Colexio Pello Errota de Asteasu (Guipúzcoa). Este é un colexio no que, grazas a un acordo con Microsoft, tiñan a posibilidade experimentar cuns TabletPc.
Despois de ter que deixar fóra da viaxe a dúas persoas das que solicitaran realizar esta viaxe, Mª Jesús Abad de Ed. Infantil, Sabino do 2º ciclo, Ramón do 3º ciclo, Elena de lingua francesa, Amelia de lingua inglesa e máis eu, acompañados de Israel como representante da Fundación Amancio Ortega subimos nun avión con destino a Bilbao. Grande invento este dos avións. ¡¡35 minutos!! e xa estabamos en Bilbao. Coche e noutra hora xa estabamos en Donostia.
Moitas veces facemos e establecemos apriorismos. "Todo o norte é igual", "Bilbao é espantoso e sucio" "San Sebastián é precioso".
Con respecto ao primeiro é completamente falso. Non é igual todo o norte da península. Euskadi ten un respecto para todo o seu que xa quixeramos ter os galegos. En todo o recorrido que fixemos entre Bilbao e San Sebastián, non vimos ningún exemplo do feismo. Non descubrimos ningunha casa, habitada, a medio facer, non había casa rematadas con "ladrillo visto". A autoestrada, mala (tiñamos unha discusión no coche decidindo cal era peor e con máis curvas se a Autoestrada de Carballo, o tramo Vigo-Tui ou esta). A paisaxe preciosa. Chocaba ver todos os montes cheos de árbores, ningún tramo queimado, sen eucaliptos.
Sobre o segundo dos preconceitos, nesta viaxe non puidemos visitar Bilbao. Pero eu podo asegurarvos que é falso. Bilbao está preciosa. A transformación que sofreu desde que se construiu o Guggenheim é tremenda. Agora é unha cidade limpa, paseable e agradable. Hai anos cando os seguidores da Real acudían a San Mamés cantaban "que feo eres, Bilbao, Bilbao que feo eres" teñen que cambiar de letra.
Con respecto á 3ª afirmación é certa. Donostia é preciosa.
San Sebastián sábese bonita, San Sebastián non necesita novos Museos, Israel quería ver o Kursaal e quedou un pouco decepcionado. Paseando polo paseo de La Concha, se mirábamos para o mar, podiamos pensar que estabamos en Riazor ou no Orzán. Pero se nos dabamos a volta e contemplabamos os edificios e os palacios que bordean a Concha, non atopabamos nin a parte de atrás do Eusebio da Guarda, nin Facenda, nin o ambulatorio, nin, nin nin....
Será porque alí respectan o seu e non enchen a praia con edificios que tapan o sol.

martes, marzo 28, 2006

Webquest Barcelona

Nas páxinas da asociación de Webquest de Cataluña están colgadas unha grande parte das intervencións sucedidas nas xornadas. Aparece, tamén, a conferencia inaugural de Montserrat del Pozo

Lectoescritura en Morelia. O gran día (2ª parte)

Encima de un Hormiguero
te voy a dejar sentada
a ver que carita pones
cuando te sientas picoteada
(Estribillo dunha canción no Karaoke do hotel)
Despois do subidón de pola mañá, e de todas as sensacións desatadas, chegou a calma. Nada mellor que unha boa tormenta para relaxarse. Empezou a caer o que non está nos escritos. Aínda que pareza que non, os mexicanos aínda que che digan "Ahorita mismo" e as cousas non cheguen nunca (se alguén ten algunha dúbida sobre este punto pode preguntarlle a Jose Carlos o que pasou co rato que solicitou para a súa exposición), o recinto estaba preparado para a chuvia. Era curioso caía a auga e o cabo de nada o chan estaba seco. Comimos o noso paquete de comida, hoxe tocaba unha ensalada de non se sabe que, un sandwich (picante) e unha mazá e preparámonos para a sesión da tarde. Nesta sesión, xa a última do congreso, ían participar dúas das ponentes que eu ía escoitar con maior interese.
A 1ª era a de Sue Thorne de Nova Zelanda "Aprendiendo a leer y escribir en Nova Zelanda" onde falou sobre a razón para que os nenos e as nenas do seu pais estean entre os mellores lectores do mundo. Explicounos que a escolarización no seu pais empeza aos 5 ou 6 anos. Presntounos 4 programas para realizar cos pais
:
  • PAFT: Os pais son os 1º mestres. É un programa de axuda aos pais para que axuden aos seus fillos. Está dirixido a pais e nais de nenos e nenas de 0 a 3 anos. Visítannos na casa. Controlan os problemas tempranos que podan aparecer nos nenos.
  • HIPPY: É un programa para os nenos e as nenas de 4 e 5 anos para traballar os pais na casa 20 minutos ao día
  • Book in Homes. Os nenos poden seleccionar libros para levar para casa. Este programa compleméntase coa visita ás escolas de famosos (deportistas, músicos, actores, novelistas,...)
  • Picking up the pace: Con este programa pretenden mellorar a lectoescritura.
Cando a representante de Nova Zelanda subiu ao estrado Pirjo Sinko. A representante finesa intentou explicar a razón da situación de Finlandia no informe PISA. Empezou dun xeito moi simpático explicando que a razón non estaba só en que como estaba case todo o ano nevando a xente non tiña nada mellor que facer que estudiar. Contou entre risas que o que máis os contentaba era que estaban por riba de Suecia. (Estes nórdicos que parecen tan fríos parece que tamén teñen corazón, e que a rivalidade son é só cousa dos do sur e que é algo máis que o Depor contra o Celta). Xa na parte seria do seu discurso entrou nas posibles razóns do exito finés no informe Pisa.
  • Iguladade de oportunidades para todos. Sen importar o lugar de residencia, a lingua ou a orixe
  • Educación sostida con fondos públicos (Moi divertida a anecdota que contou sobre a incredubilidade dun mexicano cando lle explicou que os que non tiñan fillos tamén tiñan que pagar impostos para soster a gratuidade do ensino)
  • A administración é flexible cos currículos
  • A Educación básica é comprensiva e non selectiva.
O permiso de natalidade das nais e de un ou 2 anos e ningunha empresa pode contratar a unha nai con permiso.
Non existe a secundaria e o ensino básico dura 9 anos. Antes de primaria só hai un ano de pre-primaria. E antes os nenos e as nenas están a cargo doutras administracións con actividades tipo ludoteca.
Os principios básicos da educación en Finlandia son os seguintes:
  • Un profesorado moi valorado e con gran consideración social.
  • Concepción socio-constructivista da educación
  • Apoios individuais aos nenos e as nenas
  • Aprender para a vida non para un exame
Cando rematou a charla de Pirjo Sinko empezou a ceremonia de clausura pasamos á ceremonia de clausura onde os representante s de Albacete recolleron o testigo de Morelia para celebrar o ano que ven un congreso sobre a paz. Actuaron uns childrens (como diría Mosquera) e deuse por clausurado o congreso.
E nós decidimos ir a celebralo. Volvimos ao centro histórico de Morelia onde ceamos nun restaurante que nos recomendara Eduardo o vicepresidente de Amei-Waece Los Juaninos restaurante maravilloso colocado xusto enfrente da catedral. Coindiu a nosa estancia no restaurante con que empezou o espectáculo do encendido das luces da catedral. As luces empézanse a acender pouco a pouco acompañadas, ese día, non sei se sempre, por música de Vangelis de 1492.
Ceamos moi ben e decidimos que a cervexa que máis nos gusta de México é a Modelo Especial. Uns cafes, outros tequilas e volta ao hotel onde tomamos (só algúns) outros tequilas reposados (Reposados os tequilas, non nós) e fomos para a cama. Ao día seguinte había que desandar o andado

domingo, marzo 26, 2006

Lectoescritura en Morelia. O gran día

Hoy puede ser un gran día,
plantéatelo así,
aprovecharlo o que pase de largo,
depende en parte de ti.
Dale el día libre a la experiencia
para comenzar,
y recíbelo como si fuera
fiesta de guardar.
No consientas que se esfume,
asómate y consume
la vida a granel.
Hoy puede ser un gran día,
duro con él.
Joan Manuel Serrat
Por fin cheghou o gran día. Ás 7 e media da mañá mentres que intentamos almorzar (agora que o penso ,Jose Carlos come como se fose a última vez, non sei onde mete todo), seguen sen resolverse as dúbidas sobre se ler ou non ler. As recomendacións duns aos outros son semellantes as que se dan os futbolistas antes de saír ao campo (pero sen palmadiñas no cú, ¡¡non pensedes mal!!), as recomendacións do adestrador son que busquen caras amables a quen dirixirse, que beban auga porque a boca vaiselles quedar seca, que non lean e que como non o fagan ben vailles meter dous tiros. Chegamos ao Centro de Convencións. A 1ª que vai actuar é Marica. Diríxese á sala Michoacán 2 onde se vai producir o gran evento. Montse, Mª Jesús e Jose Carlos van á sala Vip para concentrarse (por certo, isto da sala Vip eu o tiña máis mitificado un sofá, dous pc, unha cafeteira e cobertura wifi era todo o que había). Xesús e máis eu decidimos deixalos descansar e para aproveitar os 45 minutos que faltaban para a exposición de Marica asistimos a ponencia de Catherine Stoodley sobre "Cerebro e lectoescritura" onde falou sobre o que sucede no cerebro mentres lemos e aprendemos a ler. Explicounos que a lectura é unha das tarefas máis complexas que teñen que aprender os seres humanos xa que involucra o xogo coordinado dos sistemas visuais, auditivos, motores e lingüísticos do cerebro. Cando xa estaba empezando a collerlle o sentido a todo ese mundo de conexións neuronais, corteza, lobulos dereitos e esquerdos e cousas semellantes, tivemos que deixar tan brillante disertación para asistir ao momento histórico. Marica e con ela todo o profesorado do Ceip Ponte dos Brozos implicado no Proxecto Ponte dos Brozos ía debutar no estranxeiro. Ía debutar nun acontecemento internacional, nun lugar onde estaban referencias mundiais tanto da educación como da psicoloxía ou neuroloxía.Estaba nerviosa, aínda que non o recoñecese. Falaba, falaba, falaba. Cando empezou a súa exposición estivo brillante; sen apurar, explicando moi ben as cousas bebendo auga dominando o escenario e ao público (sobre o que dixo non vou contar nada. Todos os do cole xa tedes as ponencias. Cando queirades as repasades). Os tan temidos 45 minutos quedáronselle curtos. Tiveron que ensinarlle as cartolinas de 10 e de 3 minutos. Aplausos, moitos aplausos e unha que xa cumplira.
A continuación actuaba Jose Carlos e eu de teloneiro. Empecei a falar e a explicar todo o que significaba este proxecto promovido pola Fundación Amancio Ortega, das posibilidades que se nos ofrecía, do apoio que significaba para a nosa formación, do importante que era o participar en foros como este, das tremendas posibilidades que se lles abría ao noso alumnado. De todo o que tiñamos, de todo o que faciamos de como pensabamos que podiamos ir cambiando as prácticas docentes. Enrolleime. aínda que José Carlos me dicia que non me preocupase xa levaba 20 minutos e algo tiña que falar el. José Carlos dominaba a materia. Os nervios íanselle pasando. Falou moi ben. Explicou perfectamente toda a sús experiencia co Xornal da Abella. Como non todo podía saír perfecto unha das hiperligazóns non funcionou. Comprobaramos todo, pero esa non funcionou. Para que Xabier diga que non hai meigas na informática. Aplausos, máis aplausos, felicitacións, bicos e apertas por parte da moderadora de mesa (moi importante a figura da moderadora de mesa. Esta daba tranquilidade e confianza. A prensa demandou a nosa presenza para facernos unha entrevista. Non é coña.
Despois do descanso tocáballes, como fin de festa e artistas invitadas, actuar a Montse e Mª Jesús. Sobradas. Contaron todo e máis sobre como traballan cos nomes e cos números. Co dominio que tiñan do escenario ata solicitaban ao público que subisen a bailar con elas. Montse e Mª Jesús falaron explicaron e comentaron todo o seu traballo. Varias preguntas e moitos aplausos puxeron fin a súa intervención.
Xa acabaramos todos, xa podiamos empezar a disfrutar de verdade do que quedaba de congreso. Pero iso conteréivolo cando volva xa que en 15 minutos deixamos o hotel e nos toca desandar o camiño feito. Son as 5 e media GMT+2, as 9 e media GMT-6 e ata o luns ás 23 horas non estaremos en Alvedro . Estou subindo as fotos desde un boeing 747 a 12 mil metro de altitude

sábado, marzo 25, 2006

Lectoescritura en Morelia. Día 2


Como non fagas a ponencia
pégoche dous tiros
(Dito popular da banda da fregoneta)
Empeza o 2º día de congreso. Seguimos espertando ás 5 e media da mañá hora mexicana. Ás 8 xa estamos almorzando e preparándonos para o congreso. Como imos con tempo "investigamos" (perdémonos) novos camiños. A nosa fregoneta segue facéndonos das súas. As luces interiores seguen permanentemente acesas. Cando chegamos ao centro de convencións e congresos de Morelia atopámonos xa con problemass para aparcar. O Centro de congresos está situado nun parque inmenso onde hai tamén un orquidiario e un zoo que desixaremos a súa visita para a seguinte vez que visitemos Morelia.
Eu á 1ª ponencia a que asistín foi a de Henrique Santos de Portugal que tiña como título "La lectoescritura y las nuevas tecnologías". Presentounos o lapis como o descubrimento tecnolóxico máis importante dos últimos 500 anos. Animou á xente que lle tiña medo á tecnoloxía explicando como o móbil é un instrumento tecnolóxico máis avanzado que o PC. A continuación empezou cunha parte de taller que me resultou pouco interesante xa que non eran as espectativas que eu levaba a esta charla.
Sen solución de continuidade fun a unha ponencia interesantísima de Ana Mª Kaufman (Arxentina) sobre la enseñanza de la lectura en distintos momentos de la escolaridad. Espuxo que aprender a ler e escribir implica :

  • Coñecer o sistema de escritura
  • Coñecer a linguaxe escrita
  • Coñecer as prácticas iniciais de lectura e producción de textos

Considera ler como o proceso de construir o significado dun texto

Contounos as situacións didácticas fundamentais na lectoescritura:

  • O neno le a través do mestre cando escoita o que lé o mestre
  • O neno ou a nena lé por si mesmo. Para que un neno lea por si mesmo o texto ten que estar nun contexto, ten que ter información sobre o que di o texto. Contounos unha historia moi curiosa sobre uns nenos cunha enciclopedia antigua e como os nenos lían a historia.
  • O neno ou a nena escriben a través do mestre
  • O neno ou a nena escriben por si mesmos

Despois centrouse nunha investigación que está a levar a cabo en 4º de primaria. Criticou o sistema de traballo cos resumes de texto. Explicou como o esquema clásico de ler, buscar o significado das palabras, separar en parágrafos, subliñar a idea de cada un deles e reescribir o texto non é valido. Para buscar as palabras descoñecidas o alumnado fai un barrido do texto sen intentar comprender o sentido do texto. O neno ou a nena teñen que construír o vocabulario a través do contexto. Os que máis len teñen máis vocabulario.

Propón que para resumir o que hai que facer e submerxirse no texto ata coñecer a base do seu significado. Criticou a lectura en voz alta. Ler non é sonorizar un texto

Despois dun descanso dun cuarto de hora asistín a ponencia dun dos Popes asistentes ao congreso J.P.Das. explicounos os traballos e as investigacións en psicoloxía e neuroloxía sobre a intelixencia global. Explicounos os programas PREP e COGENT. Esta ponencia para min contou coa dificultade dunha traducción simultánea bastante deficiente.

Marica e José Carlos asistiron de Carlos Gallego sobre os "Prerrequisitos lectores" . As conclusiones que sacaron fueron las siguientes:

A alfabetización require unha instrucción cun método.

Un C.I. alto non predice un éxito na lectoescritura , así como un baixoo non presupon o fracaso ( ainda que o pode dificultar),

As variables que predicen o rendemento lector (os prerequisitos lectores) son : Identificación das letras, habilidades de conciencia fonolóxica (descomposición silábica, traballos con sílabas, ...), velocidade de denominación (vocabulario).

Son necesarias tamén habilidades cognitivas : atención, memoria inmediata, memoria a longo prazo e un nivel cognitivo suficiente.

Despois dunha mañá intensisima houbo a parada para a comida consistente nun bocata, picante; unha ensalada, picante; una pera, non picante e un refresco, picaba un pouco.

Pola tarde Jose Carlos asistiu á ponencia de Mª Elena Garassimi sobre "Deseños de recursos para a aprendizaxe da lingua escrita. Foi unha ponencia moi interesante. Moi práctica e presentounos a súa experiencia e ofertounos a súa páxina web www.doblefelicidad.com/web/

Despois asistimos a unha ponencia sobre a educación no Uruguai. Decepcionounos parecendo un espazo de venta política dunha situación existente no Uruguai.

Cansados, rendidos moi esixidos psicoloxicamente fomos ata o centro de Morelia para facer algunhas compras. Parece que me persiguen. En Morelia había tunos para gran contento de algunha, pero so velos entroume un pruído que fixo que nos retirásemos a cear.

As 11 a intentar durmir xa que mañá é o día do debú. Os nervos agroman. A tensión medra. A inquietude se palpa... Pasamos eu vouno ler a me levanto e improviso. Que pasará. Máis noticias mañá.

viernes, marzo 24, 2006

Lectoescritura. Día 1



Si no te cumplo,
me voy
(Cartel publicitario dun candidato ás eleccións mexicanas)
El que ríe al último,
ríe menos
(Cartel publicitario de Coca Cola)
Amanece o 1º día do congreso. Digo que amanece porque vemos amanecer todos os días. O desfase horario existe. Os problemas derivados do mesmo tamén. A altitude ou sabe Deus o que fainos estar a algúns aplanados. Chegamos ás 9 e media para acreditarnos e xa atopamos unha multitude inmensa. Os "importantes" tiñamos unha mesa especial para coller os materiais. Cando acabamos con todo este proceso fomos a coñecer o centro histótico de Morelia. Esta cidade é patrimonio da humanidade, é unha cidade de tipo colonial con todas as casas de pedra e todas da mesma altura e con soportais. Recordoume un pouco a Caceres aínda que moito máis grande. Visitamos a catedral (como case todas as de estilo colonial) e un museo do chocolate
Despois de comer volvimos ao centro de convencións para empezar de verdade o congreso. Cando chegamos diríxomos a un hángar como o mercado de gando de Amio. Desde fóra escoitábase música militar. Era unha banda militar que tocaba o himno nacional mexicano. Toda a mesa presidencial estaba en pé e coa man no peito. Lembranzas de Melilla e de Paco Ibañez.
Cando as autoridades deron por inaugurado o congreso empezou a 1ª ponencia.
Este congreso conta con 2814 congresistas de 24 paises.
O tema que trataba Ruth Saez Vega de Puerto Rico foi "Tendencias de lectoescritura hoy"
En esta conferencia falounos sobre a consideración da lectura como unha experiencia psicoterapeutica na cal o lector constrúe a partir do que o texto provee y que escribir es una actividad cognitiva, no motora.
Antes de seguir contándovos as miñas impresións recollidas nunha sala enorme e cunha acústica non boa, lembrade que cando volvamos teredes a vosa disposición os CD con todas as ponencias.
Seguindo coa conferencia de Ruth Saez presentou tres tendencias na lectoescritura actual:
  • Constructivismo: Elaboración de hipótesis. Existen uns coñecementos previos que favorecen a escritura
  • Histórico cultural: A educación prodúcese coa mediación dos seres humanos. A aprendizaxe provoca desenrolo acumulando fondos culturais para o desenrolo.
  • Emancipadora: Siguiendo a Paulo Freire critica a educación bancaria que so busca rendementos. Indicou esta tendencia que ningunha práctica educativa é neutral. Máis aló de ensinar a ler palabras hai que ensinar a ler a realidade.

Falou tamén da integración curricular da lectoescritura. Propón que a lectura é a escritura formen parte de todo ata do xogo.

Para a educación primaria (6-8 anos) propón:

  • Lecturas colectivas
  • Lectura de libros relacionados con cousas que teñan que ver con el
  • Realizar lecturas en voz alta
  • Fomentar as bibliotecas de aula

Rematou propugnando compaxinar as experiencias colectivas coas individuais e que lle propiciemos nos nenos e nas nenas a lectoescritura.

Esta conferencia inaugural provocou unha controversia bastante forte entre nós xa que estabamos en bastantes cousas en desacordo con ela. Eu estou en desacordo coas cousas propostas para educación primaria. As lecturas en voz alta só valen para refrendar que o neno ou a nena sabe vocalizar. E os libros, penso, que deben de abrirlles novos camiños e transcender un pouco da súa realidade para levalos a outros mundos soñados, añorados ou buscados.

Ás 4 e media tiñamos unha reunión todos e todas os que tiñamos que presentar ponencias. Déronse varias recomendacións e que comprobásemos que todas as nosas presentacións transfferidas por FTP estaban correctas. Nin unha. A todas lles faltaban cousas. Menos mal que tiñamos plan B e Plan C, e se puideron solventar pero requeriu a nosa presencia toda a tarde.

Cando rematamos xa eran as 7 e media e empezou a Festa Michoacana. Actuaron os Korosidansas do lugar cuns traxes moi bonitos e unhs bailes moi variados. Os que máis se quedaron con todas as mestras eran uns difrazados de demos. Había comida pero como non distinguíamos o que era dedicimos ir a nosa fregoneta e volver ao hotel.

É o momento de que vos conte algo máis sobre esta fregoneta É unha Chrisler con cambio automático que deixanos sacar as chaves cando a ela lle parece ben, non deixa apagar as luces de dentro, enfríalle os pés a Montse, debe querer quedarse con ela a cachos xa que lle enganchou un pendiente e un cinturón. Ten compartimentos secretos onde deixamos escondidas as cousas.

Despois de cear uns burritos no centro comercial que está enfrente do hotel e de comprobar como Jose Carlos segue sen atopar unha comida en México que non pique, retiramonos a dormir

jueves, marzo 23, 2006

Lectoescritura en Morelia. Día -1


El 2 de octubre llegamos
Todos pacíficamente
A un mitin en Tlatelolco
Quince mil en contingente.

Año del sesenta y ocho
¡qué pena me da acordarme!
La plaza estaba repleta
Como a las seis de la tarde.

Grupos de obreros llegaron,
El magisterio consciente
Los estudiantes lograron
Un hermoso contingente.
Corrido commemorativo da masacre do 68. Cantado por Soledad Bravo
Todos temos mitos. Todos temos referencias históricas. Un dos meus é o que sucedeu o dous de outubro de 1968 no Tlatelolco. Cando se fala do 68 normalmente se cita o maio francés, a primavera de Praga, a revolución cultural china, pero moi poucas veces se cita a Matanza da praza de Tlatelolco. Oriana Falacci e José Mª García (Si ese José Mª García) contan ao mundo o que está a pasar nesa cidade.
Este primeiro día da nosa estancia en Mexico empezara dun xeito excepcional. Nada máis erguernos enterámonos do alto o fogo de ETA.
Á Praza das 3 Culturas pásalle como a moitos mitos. Cando as ves na realidade decepcionan un pouco. Nin é tan grande nin tan simbólica como esperabas, pero ten un algo que a fai especial. Sentir as pégadas de Cauathemoc, de Malinche, de Cortés mesturados cos estudandes faina especial.
Cando deixamos o Tlatelolco collimos o metro para dirixirnos ata o centro histórico. Grandioso sistema de transporte o metro. Rápido, seguro, eficaz e barato. En México DF custa 2 pesos. Menos de 20 cent. de Euro. Chegamos ao Zócalo centro do centro histórico de MÉxico DF. Praza maxestuosa; por un lado a catedral, por outro o Parlamento. Dentro deste uns maravillosos murais de Diego Rivera contándonos toda a historia de México. Nas rúas dos arredores do Zócalo puidemos disfrutar dun dos máis coloristas e especiados mercadiños que vin nunca. Máis colorista que os de Estambul ou de Túnez. Cuns olores abraiantes. A xente publicitando a toda voz os seus artigos. Había de todo menos un CD de mariachis que se me deu por buscar, ata Jose Carlos atopou un xersei dun equipo mexicano para Indy.
Saímos e fomos para a Zona Rosa. Esta parte nova de DF é calcada a todas as zonas finacieiras e de compras de calquera grande urbe. Preciosos rañaceos de cristal e aceiro, inmensos bulevares e un tráfico aterrador. Comimos nun Vip (como se estivesemos no centro de Ocio de El Puerto). Foi comendo cando nos enteramos de que o Deportivo, por fin, gañara un partido en casa (Grazas Daniel) e saímos en dirección ao hotel para coller o coche e recorrer os máis de 300 km. que nos quedaban para chegar a Morelia. Mentres andabamos polo Paseo de La Reforma sorprendeunos a cantidade de polic¡a que había. ¡¡¡Nos non fixéramos nada!!! Un policia díxonos que era porque estaba reunido el Foro del Agua e se esperaban disturbios nesa zona.
A viaxe foi pesada pero moi divertida, perdímonos unha cantas veces, pagamos varias máis, divertímonos coas mensaxes publicitarias e coa cantidade de xente que nos ía meter dous tiros.
Cando ao final chegamos ao Hotel e despois de rexistrarnos e de ducharnos baixamos a cear, empezamos a actualizar esta bitácora e bebimos o 1º tequila

Lectoescritura en Morelia. Día -2



Si toma, no maneje
(Cartel autopista en México)
o
Viaje con nosotros
si quiere gozar
viaje con nosotros
a mil y un lugar


Javier Gurruchaga

Máis tarde do previsto e debido a problemas técnicos, podo empezar a contarvos as nosas experiencias por estas terras transoceánicas.

  • Martes 21. 4h A.M (gmt +1). Sona o espertador
  • Martes 21. 4, 45h A.M (gmt +1). Subida ao taxi onde xa están Marica e Montse
  • Martes 21. 5h 3o m A.M (gmt +1). Chegada ao aeroporto de Santiago. Encontro con Mª Jesús, Jose Carlos e Xesús.Retirada de tarxetas de embarque. Facturación de equipaxe. Boa noticia. Facturamos ata México D.F. Almorzo. 1ª apostas sobre se volveremos a ver as maletas.
  • Martes 21. 6h 30m A.M (gmt +1). Despegue cara Madrid.
  • Martes 21. 7h 30mA.M (gmt +1). Chegada a Madrid. Terminal 2. Ningún problema. Na lonxania divísase a tan temida T4. Todos os problemas de Baraxas debéronse trasladar a esa terminal. O Baraxas de sempre está baleiro. Café sen tortilla debaixo duns paxaros que pían.
  • Martes 21. 10h 25 min A.M (gmt +1). Despegue cara Frankfurt con media hora de retraso por problemas no aeroporto de destino.
  • Martes 21. 13h 5 min A.M (gmt +1). Chegada ao aeroporto de Frankfurt despois de media hora de sobrevoar este aeroporto esperando permiso para aterrar. 1ª presas. Menos de media hora para coller o vo cara México. Carreiras polos soterráns do aeroporto de Frankfurt.
  • Martes 21. 13h 35 min A.M (gmt +1). Retiramos a tarxeta de embarque e podemos empezar a criticar o preconceito da eficacia alemá. Estamos máis de 300 persoas esperando para embarcar nun espazo reducidísimo e sen noticias do tempo que podemos estar á espera para poder despegar. Con 40 minutos de retraso embarcamos nun Boeing 747-400 da Lufthansa. Impresiona (¡¡e iso que son de Monte Alto ;-)!!). Enorme. Unha bestialidade. Despeguamos e volvemos a comprobar que non todo nos alemáns é perfeito. Os auriculares para que podamos seguir Elizabethtown e a 2ª do Zorro que nos van proxectar durante a viaxe non funcionan.
  • Martes 21. Horas seguintes. Estar sentado durante máis de 12 horas nun espazo que é máis pequeno que o dos autobuses de liña e unha experiencia. Comprobar que para chegar a México desde Frankfurt o camiño que segue o avión é o que pasa por riba de Manchester, Dublín, Groenlandia, Chicago ata entrar no golfo de México sobrevoando o Mississipi. É interesante comprobar no Google Earth o enorme recorrido que fixemos. Se alguén sabe o motivo para realizar semellante volta que nolo comente; a nos só se nos ocorre que foi por que desde Groenlandia ata México é costa abaixo e que así se aforra combustible. Vistas. Neve, máis neve; nubes, brancas moi brancas ou grises; auga, moita auga. De comida goulasch. De cea bisté. A cervexa alemá, boa.
  • Martes 21. 19h 55 m. P.M. (gmt -6) Aterramos en México DF. Aeroporto Juárez. Aeroporto limpo e moderno. ¿Teremos maletas?
  • Martes 21. 20h 15 m. P.M. (gmt -6) . Pasamos inmigración. ¿Chegarían as maletas?
  • Martes 21. 20h 15 m. P.M. (gmt -6). ¡¡Había maletas!!
  • Martes 21. 22h. P.M. (gmt -6). Chegamos ao Hotel, despois de visicitudes varias coa Fregoneta ou manovolumen o tráfico de México DF, o cambio automático do coche.
  • Martes 21. 23h. P.M. (gmt -6) (Mércores 22. 6h. A.M (gmt +1) ).Retiramonos as habitacións sen probar o tequila.

lunes, marzo 13, 2006

Sabado pola tarde

No me siento extranjero en ningún lugar,
donde haya lumbre y vino tengo mi hogar.
Y para no olvidarme de lo que fui
mi patria y mi guitarra las llevo en mí,
Una es fuerte y es fiel,la otra un papel.
Joan Manuel Serrat
Despois de comer e dun paseo ata a Sagrada Familia para seguir admirando a Gaudí, e criticar na lonxania o novo edificio de Jean Nouvel para AGBAR que verdadeiramente semella unha bala ou un supositorio, volvimos o recinto das Xornadas. Tocaba a presentación das experiencias e da Webquest. José Luis actuaba na Aula Magna en 3º lugar. Eu ía presentalo e explicar que é o Proxecto Ponte dos Brozos no Colexio. Aínda non cerraron a boca. Iso de que non teñamos que esperar ata que sexa martes a 3ª hora para ir á aula de informática para que o alumnado faga a webquest é alga que os deixa impactados. O sistema das comunicacións é algo que habería que modificar. En 10 minutos ou nun cuarto de hora é materialmente imposible transmitir todo o que hai que contar. José Luis conseguiuno, ás carreiras pero conseguiuno. Ás presentacións das WQ estaban ordenadas por niveis. Nos estivemos nas de primaria as hiperligazóns coas outras presentadas son os seguintes:

Despois dun pequeno descanso pasamos á presentación de experiencias. Nacho Ménendez do IES de Pastoriza presentou o seu traballo cunha webquest sobre los derechos humanos.

Entre o resto das expereincias presentadas destacou a de Xoan Carlos Albarellos sobre a Lanzadeira

E sen tempo a esperar á presentación das conclusións collimos uns taxis e fomos para o aeroporto. Alí completamente esgotados pero satisfeitos ceamos, enterámonos que o Depor perdera, collimos o avión e despois dun vo do máis pracenteiro chegamos a Santiago ás 12 da noite. collimos uns taxis e volvimos cada un para a súa casa

domingo, marzo 12, 2006

O sábado pola mañá...

Barcelona - such a beautiful horizon
barcelona - like a jewel in the sun
por ti sere gaviota de tu bella mar
barcelona - suenan las campamas
barcelona - abre tus puertas al mundo
if god is willing
if god is willing
if god is willing
friends until the end
viva - barcelona
Freddie Mercury
Ás 8 da mañá sonou o espertador porque o segundo día empezaba ás 9 e media. Logo dun bó almorzo tiramos cara o Hospital de Sant Pau sé das Xornadas. Cando chegamos atopamonos cunha das maiores sorpresas. A conferencia inaugural impartida por Montserrat del Pozo directora del Collegi Montserrat. Para que vos fagades unha idea era unha relixiosa que falaba das Intelixencias Múltiples e que non anatemizaba nada nin sequera a Freud. Seguidora de Howard Granger definiu a intelixencia como a capacidade de resolver problemas cotiás e tamén como a capacidade de xerar novos problemas para resolver.Falounos das bases neurolóxicas da intelixencia e dos diferentesm lugares físcos do cerebro onde residen ois diferentes tipos de intelixencia.
Explicou 7 tipos de intelixencia:

  1. Intelixencia intrapersonal

  2. Intelixencia lingüístico-verbal

  3. Intelixencia lóxico-matemática

  4. Intelixencia corporal-cinética

  5. Intelixencia visual-espacial

  6. Intelixencia musical

  7. Intelixencia naturalista
Contounos como esta organizado o seu colexio para traballar con todo o alumnado as Intelixencias múltiples.
Despois da conferencia inaugural e de tomar un café pasamos aos grupos de discusió. Eu participei no de Traballo cooperativo morderado por Jordi Adell e baseándose en Jhonson e Jhonson falousenos do que era o aprendizaxe cooperativo como xeito de organizar o traballo. Falousenos das cousas necearias para conseguir unha aprendizaxe cooperativa:

  • Interdependencia positiva: Non hai solucións individuais

  • A responsabilidade individual cara o traballo colectivo

  • Interacción potenciadora. Dinamizador dentro do grupo. Aínda que pareza contradictorio o que sabe que non faga. Que o faga o que non sabe xa que así aprende.
Despois pasamos a deseñar unha webquest tendo en conta estas características do traballo cooperativo. A nosa foi sobre a cria do Mexillón.
Cando rematamos os diferentes grupos de discusión fomos comer a unha cafetería dos arredores do recinto das xornadas.

1ª xornada en Barcelona

Oh ! Benvinguts, passeu, passeu
de les tristors en farem fum.
A casa meva és casa vostra,
si és que hi ha casa d’algú.
Jaume Sisa


Despois dunha viaxe sen ningún tipo de problemas, se non consideramos como tal o retraso de media hora na saída do avión e un recorrido en taxi de 1 hora polos problemas do venres noite, chegamos ás 18h 45 min á Casa de Convalescencia do Hospital de Sant Pau e de la Santa Creu dependente da Universidade Autónoma de Barcelona. A próxima vez que visitedes Barcelona e vaiades á Sagrada Familia, collede o Carrer Gaudi que vos levará directamente ata unha das entradas a este hospital edificado por Domènech i Montaner .
Cando recollimos as acreditacións e o material repartímomos polos diferentes talleres aos que estabamos apuntados. Eu estaba anotado a un que tiña por título "Projects telemàtics i webquest". Resultou interesantísimo. Un proxecto telemático consista na realización de proxectos cooperativos entre centros escolares de todo o mundo. Estes proxectos están baseados en Internet traballando un centro de interese para producir un coñecemento aberto.
Descubrín diferentes proxectos que poderían ser aplicados directamente no noso colexio como una biblioteca de libros recomendados, este outro sobre o clima, este sobre arte na rúa Publicart ou este sobre a diversidade. Para saber máis sobre proxectos podedes visitar as páxinas de Iearn Pangea
Cando rematamos cada un os nosos talleres collimos uns taxis e fomos para o hotel. O hotel estaba perfectamente situado en pleno centro de Barcelona pegado a Las Ramblas e á Plaza de Cataluña.
Despois de deixar as cousas no hotel saímos a cear. Recorrimos uns cantos KM. ata que chegamos a un restaurante recomendado por J. Luis, chamado Lázaro que está na rúa Aribau onde ceamos. De volta para o hotel baixamos polo Paseo de Gracia onde poidemos volver a disfrutar co xenio de Gaudi coa Pedrera e a Casa Batllo

Antes de volver ao Hotel, momento no que algúns cunha carga de idade xa considerable decidiron adiantar o seu retorno á cama, paseamos polas Ramblas e intentamos tomar algo no Cafe de L´Opera onde nos vimos asediados pola tuna cantando Clavelitos que nos obligou a retirarnos aos nosos cuarteis, ou sexa ao hotel. Moito me lembrei de Torrente e do seu odio á Tuna.

martes, febrero 21, 2006

Barcelona 10-11 marzo 2006


Dentro das actividades que realiza o profesorado que forma parte do Proxecto Ponte dos Brozos está a asistencia a diferentes congresos realacionados coa educación e as TICs que se realicen en todo o mundo. O día 10 de marzo sairemos para Barcelona para asistir ás "Jornadas sobre Webquest" que se realizarán no Hospital de Sant Pau.
Asitiremos 2 profesores do Ceip Ponte dos Brozos: José Luis González Fernández e Fernando Moreno González con esta Webquest sobre a obesidade.
Das cousas que vaiamos vendo e das impresións que vaiamos sacando iremosvos contando neste blog