jueves, septiembre 28, 2006

Congreso Tecnoneet. Setembro 2006

¿Que onde se come o mellor marisco?
No Bierzo. Por suposto
Dos pementos, xa falaremos.
Estamos en Murcia terra de pementos. Os 2º mellores do mundo despois dos de O Bierzo. Antes de sair produciuse a primeira baixa na viaxe. Cristina do IES de Pastoriza non recibiu a autorización para asistir ao congreso de Teconeet
Para chegar a este primeiro congreso do curso 2006-2007 fixemos un percorrido moi interesante. Parecía que non queriamos deixar o mar. Impresionante sair de A Coruña e chegar a Barcelona seguindo todo o Cantábrico e despois os Pirineos. Voando por riba deles e sen axuda de ningún tipo de estimulante (Iberia non da nin auga). Chegar a Barcelona en avión é impresionante. Ves toda a cidade a vista de páxaro e recordas as olimpiadas, ves a Torre Agbar de Jean Nouvell, por certo Jean Nouvell presentara un proxecto para o novo Palacio de Congresos de A Coruña. A Torre Agbar pode gustar ou disgustar, pero a ninguén deixa indiferente. O palacio de congresos de Palexco non se ve.
Despois de varias horas de espera no Aeroporto de Barcelona collimos un pequeno avión que nos levou costeando ata Murcia. Como voabamos tan baixo era moito mellor que o Google Earth, Stellarium e ata que o Celestia xuntos (síntoo Xabier pero é así). Os que fixemos o bachalerato de antes das sucesivas reformas, distinguimos o Delta do Ebro, a cidade de Valencia e a Albufera, as Salinas, o estadio Rico Pérez de Alacante é a Manga do Mar Menor. O aeroporto de San Javier está situado en plena Manga e rodeado de toda a flota de cazas da aviación española. Chegaron as nosas maletas á cinta antes de que nos baixasemos do avión. Collimos dous taxis e 30 minutos de camiño ata chegar ao hotel de Murcia. O NH Rincón de Pepe está situado en pleno centro de Murcia ao lado da catedral. Despois de subir á habitación a deixar as maletas saímos dar unha volta para cear algo. Entramos nunha taberna e tomamos unha cañas cuns mexillóns picante cultivados en plena horta de Murcia. Estaban moi bos e tamén lles chamaban Tigres.
Como o cansanzo empezaba a chegar tomamos un café e volvimos para o hotel. Margarita necesitaba concentrarse e Carmen comprobar que o Neobook non ía dar problemas. Como algo falle na nosa presentación é capaz de "matar" ao autor do programa Neobook. Traemos 4 alternativas. Esperemos que algunha das 4 funcione. Senón Israel, que todo o pode, o solucionará.

1 comentario:

José Carlos dijo...

Alédome moito que a semente do PPdB siga espallándose polo mundo adiante. A Fernando só lle digo que pode pensar en pedir unha excedencia e dedicarse a guia turístico pois sabe "vender" moi ben as viaxes ;) -tedes unha gran sorte viaxando con él-. ¡Israel que espero que lle deas un toque sensato e tecnolóxico a viaxe!.Para Carmen e Marga moitos animos e pase o que pase con Neobook, non dúbidedes nunca do voso traballo.