martes, mayo 15, 2007

Andalucia

En este mundillo de las TIC
somos pocos "locos" y
cuando nos juntamos
en seguida nos reconocemos
(Javier dixit)

Quero compartir con todos vós todo o movemento creado con esta viaxe. Entradas no blog de J. Carlos, no de Ramón, no de Aurora. Cantidade de comentarios, todos agradabilisimos por parte de todos os mestres e das mestras e sobre todo dos nenos e das nenas. Foi un "lujazo" compartir estes días con vós.
Ata sempre

Outro centro TIC: O CEIP Ménendez y Pelayo de Valverde del Camino

Sen botox
Con botos
Con moitas cigoñas
e Valverde del Camino

Durmimos pouco e mal queimando a saude (parafraseando a M. Rios, no Bus del autobús) , para chegar á seguinte escala na nosa viaxe. Tocaba visitar o Ceip Menedez y Pelayo de Valverde del Camino.
Collimos outra vez a autopista dirección Sevilla. O JIPIESE volveunos a confundir. Meteunos
directamente en Carrefour. Pensamos en aproveitar para comprar un pouco de aceite e de xamón, pero aínda estaba pechado. Por iso non trouxemos xamón.
Cando volvimos a estar na autopista sorprendeunos a cantidade de cigoñas que había por todos lados. Non había poste que non tivese alomenos un niño de cigoña. Parecían as nosas gueivotas, aínda que a nós nos resultaban moito máis románticas e elegantes.
Despois de perdernos un par de veces máis por facerlle caso a insoportable rubia que nos falaba d
icindonos que estabamos fora do itinerario, chegamos ao CEIP Ménendez y Pelayo.
A amabilidade e o cariño con que nos recibiu María Barceló, xefa de estudios e responsable TIC do mesmo foi abrumadora o mesmo que o director José Antonio Pérez que permanecería con nós toda a mañá.
Despois de presentarnos e contarlles as razóns da nosa visita, empezamos a
visitar o colexio. O 1º que nos sorprendeu foi que teñen unha organización horaria diferente da nosa. Teñen dous recreos, o 1º de 10 minutos para que o alumnado tome o bocata ou o que traia de casa, e outro de 20 minutos para que xoguen.
As aulas son as dos centros TIC de Andalucia. Un ordenador para cada dous nenos ou nenas. Este sistema ten a desvantaxe de que obliga a ter unha estructura de clase sem posibilidade de modificación. Non permite os agrupamentos flexibles dependendo da actividade a realizar. Nós defendimos as vantaxes dos portátiles. Estiveron dacordo. O ano que ven van ser centro bilingüe e teran de dotación carriños con portátiles semellantes aos nosos.
Virginia deunos a dirección do seu blog do que copio o enderezo aquí para que o visitedes, igual que o de Miriam, e o de outra nena da que non me lembro o seu nome (perdón).
Pasamos a visitar as unidades de Infantil. José Carlos volve a alucinar co tamaño dos inodoros. Lémbrase de Abel que non chegaba. Daniel de Ed.Infantil de 4 anos B cantanos unha canción e recitanos un poema. Todo moi lindo.
Despois dunha sesión fotográfica pasamos a sentarnos arredor dunha mesa para charlar e poñer
en común as diferentes experiencias. María e José Antonio falannos con verdadeiro entusiasmo do sistema implantado pola Junta de Andalucia de xestión remota desde el CGA. Desde Sevilla resolvenlles os problemas técnicos que aparecen en todos e cada un dos ordenadores. Falan da formación que realizan no seu centro. Formación obligatoria e realizada durante o tempo de permanencia no centro. Impresiona o entusiasmo con que falan. Impresiona María, pero máis impresiona, se cabe, José Antonio que vaise xubilar este ano. María propón establecer unha wiki para realizar un traballo colaborativo entre os dous centros. Estamos dispostos.
Grazas compañeiros e compañeiras de Valverde. Esperamos que nos visitedes para poder corresponder como vos merecedes.

Xa era a unha e media. Queriamos chegar ao aeroporto de Sevilla, facturar a equipaxe e xa sen cargas disfrutar un pouco. Imposible. Comeunos o tempo os atascos. Tivemos tempo a criticar o escaso uso que se lle da a unhas instalacións tan boas coma as do recinto da Expo. A infrautilización dun estadio e, sobre todo, o despilfarro que significa ter feito unha inversión tan grande para que agora se esté a oxidar todo.
Ás 4 e cuarto chegamos ao aeroporto. Deixamos o coche e diriximonos cara o mostrador a facturar. Clickair, so factura dúas horas antes do vo. Tiñamos que comernos as maletas, porque tampouco nos ían a dar comida quente,"o restaurante pecha ás 4" díxonos unha amable señorita. Comimos uns bocatas (o nivel do xamón baixara bastantes puntos) e dispuxemonos a esperar as 4 horas que faltaban para o embarque. Decidimos quedar uns no aeroporto e outros ir ata Sevilla. Taxi, unha hora en Sevilla: Reales Alcazares, a Catedral. Volver a coller outro taxi.
Chegar ao aeroporto. Facturar a equipaxe. Esperar unha hora de retraso do avión. Cambiar de porta de embarque. Unha hora e 20 de vo. Casa.
Cansados pero contentos.
Moitas experiencias.
Moitos amigos
Moitos nenos e moitas nenas
e sobre todo Moitos MESTRES e moitas MESTRAS, así con maiúsculas
Ata pronto


lunes, mayo 14, 2007

Unha tarde cuns amigos

París,
Londres
e ...
Bollullos Par del Condado

(¿que onde está Bollullos?. En pleno Bilbao a só uns 1000 km. do centro)

A mañá fora intensisima. A experiencia da visita impactante. Tocaba respostar. xa eran as 2 e media.
Cando Fatima e J. Carlos chegaron con Carmen do centro de Beas, fomos comer a La Palma del Condado, al Bodegón El Chocaito. Acompañáronnos Fernando, Javier e Carmen. A comida moi boa.
O xamón, un pasou tantos anos pensando que lle gustaba o xamón, ata que chegou a Huelva e descubriu que aquilo que lle gustaba non tiña nada que ver co que estaba a disfrutar agora. O que comera ata agora estaba rico, pero non tiña nada que ver con este. E as gambas? Estas si que merecían a fama que teñen. Prepáranas cocidas e con sal gorda por riba. Riquísimas.
Déronos as 5 da tarde e o recorrido que tiñamos pensado facer polo Coto de Doñana tivemos que suspendelo. Xa non daba tempo a facelo. Foi o que saímos gañando. Os nosos e a nosa acompañantes non nos abandonaban e levaronos a tomar un café a Bollullos. Javier é de Bollullos e exerce como tal. Nada supera a Bollullos. Sería interesante un duelo con Carmen Fernández defendendo ao Bierzo.
Durante as 2 horas que estivemos tomando café seguimos a falar de educación e de nenos e de nenas. Constatamos a diferencia existente entre os adultos que estabamos sentados na mesa, inmigrantes dixitais e o noso alumnado que xa son aborixes dixitais. Falamos das posibilidades didácticas de Second Life e do cambio social que pode significar.
Cando durante a conversa saiu a cuestión da cantidade de tempo que os nenos e as nenas pasaban conectados ao Messenger ou aos Fotoblogs sen facer nada, chegamos á conclusión de que era o mesmo que lle contestabamos nós ás nosas nais cando nos preguntaban o que estiveramos a facer e nós contestabamos que nada. Este nada quere dicir que estiveramos a falar cos amigos, o mesmo que fabn agora polo messenger
Vimos que ata facer os deberes ou as tarefas que se lles manda no colexio se se está conectado pode ser útil, xa que poden comprobar resultados ou resolver dúbidas coa compañeira ou compañeiro co que está conectada.
Outro dos temas que apareceron nesta charla foi a constatación da ubicuidade. A través da tecnoloxía é posible estar en varios sitios ao mesmo tempo, e somos capaces de facer varias cousas ao mesmo tempo (sobre todo as mulleres, xa que os homes temos algunhas carencias neste aspecto, unha mestra dixit).
A idea do coñecemento libre e da necesidade de compartir todo o coñecemento con todos e de devolver a Internet o que internet nos da, triunfou. Tamén a constatación de que aínda que deamos todo o que temos, nos non quedamos sen el. Seguimos podendo usalo, pero os outros tamén.
E así poderiamos seguir máis hora. Pero xa non podiamos máis. Eran moitas horas dun esforzo físico e mental grande. Despedimonos de Fernando, de Carmen e de Javier e despois de pasar polo Rocio (atentos algunha das casas de enfrente da hermita de la Blanca Paloma, véndense a 400 millóns de pesetas), de ver como as marismas do Guadalquivir estaban verdes e cheas de vexetación de pelearnos co JIPIESE que non quería que fosemos a Huelva pola costa, chegamos ao hotel cansados pero moi satisfeitos de como resultara o día.
Grazas Fernando. Grazas Carmen. Grazas Javier. Esperamos poder devolvervos tanta amabilidade

viernes, mayo 11, 2007

Unha mañá no San Walabonso

A 800 m en la siguiente rotonda...
a 300 m en la siguiente rotonda...
En la siguiente rotonda coja la 2ª salida
..................................................................
Se ha salido usted de su itinerario

O JI PI ESE traianos pola rúa da Amargura.
Se lle faciamos caso, mal. Senón llo faciamos, peor. A tecnoloxía non nos vai solucionar todos os problemas. Isto do GPS pode chegar a ser un gran invento. Polo de agora cun mapa ao lado e con moito sentido común, que é o que lle falta ao aparato, seguimos chegando a calquera lado.
En 7 horas chegamos desde A Coruña ata Huelva, pasando por Madrid e por Sevilla. Ningún contratempo durante a viaxe.
Despois de deixar as maletas nas habitacións do hotel, baixamos a cear ao único restaurante que estaba aberto nos arredores. O xamón moi bo. As gambas malas.
Como estabamos bastante cansados e ao día seguinte tiñamos que erguernos cedo, fomos rapidamente para cama.

Ao día seguinte quedaramos con estar no colexio de San Walabonso de Niebla ás 10 da mañá. O JIPIESE cabreouse con nós cando estabamos a chegar a Niebla e decidiu que non nos deixaba coller a ponte que nos levaría ata o pobo. Quixo levarnos de excursión ata o seguinte pobo. Cando nos decatamos do erro do aparato e preguntamos a unha señora desandamos os 10 km. que nos levara de excursión.
Chegamos ao colexio de San Walabonso. A 1ª impresión e de limpeza e de silencio. A estructura con patios con soportais interiores, baixaban a temperatura. Recibiunos Fernando García Páez que nos ía acompañar ao longo de todo o día.
A 2ª sensación a afabilidade, o cariño, o recoñecento do alumnado e cara o alumnado. Todos os nenos e todas as nenas que atopabamos polos corredores comentábanlle algo a Fernando e el sempre tiña unha palabra que dicirlles. Sabía anecdotas e historial de todos eles, coñecía a Diego e cando nos cruzamos con María explicounos que era veterinaria e pediulle que nos explicase como lle fixera unha cesarea a unha rata. A pena foi que non foi capaz de salvar a ningún dos ratiños.
Sempre nenos e nenas. En San Walabonso os nenos e as nenas volven a estar no centro da educación. Todo faise pensando neles e nelas.
Que pasa neste colexio?
Empezamos a visitar aulas na primeira na que entramos está Alberto el informático que nos ensina o seu blog. As aulas Tic dos centros TIC de Andalucia teñen un ordenador para cada dous alumnos ou alumnas. É un sistema incómodo este que teñen tanto en Andalucia como en Extremadura. Este sistema obriga a ter unha estructura da aula inamovible, non se pode realizar ningún outro tipo de agrupamento que o previamente establecido. Dous nenos ou nenas, un monitor e un teclado entre eles e sempre mirando cara adiante. Pero cando hai ilusión e se é capaz de transmitirlla ao alumnado como fan Fernando, Ana, Beatriz, Toñi, Manolo,... estes problemas se superan. Vemos como os nenos e as nenas seguen a traballar nas súas cousas mentres que nós paseamos entre eles e preguntamoslles cousas sobre o que están a facer. Están disfrutando co seu traballo. Non lles molesta a nosa presenza. Están orgullosos das cousas que están a facer. Unha nena estaba traballando nun artigo da wikipedia e coméntalle a Fernando que alguén fixera algún comentario improcedente. Dille que o solucione. Edita o artigo e borra o improcedente.
Xa está. Traballando directamente en Internet. Confiando no alumnado.
Sempre os nenos. Yuri, que será o que el quera. Yolanda, cariñosisima con todos nós.
Que pasa neste colexio?

Imos visitar as aulas de Educación Infantil que están noutro centro a 2 km. da sede central do colexio. Impresionanos ver a decoración da entrada que recorda un mar azul, cheo de peixes.
Mentres José Carlos e Fátima preguntan e falan co e coas compañeiras de Ed. Infantil temos que apuralos. Quedanos aínda moito que ver e de que asombrarnos
De volta ao colexio, o alumnado está no recreo e ¡¡están a xogar á goma!!
Que pasa neste colexio?
O da goma din que foi moi sinxelo despois dunha campaña de recuperación de xogos tradicionais

Despois de tomar o café cos compañeiros e compañeiras de San Walabonso, José Carlos e Fátima foron, acompañados por Mª Carmen Betanzos Pérez asesora de Ed. Infantil do CEP de Bollullos e Valverde a visitar o CEIP de Beas.
Mentres tanto os outros 4 quedamos no colexio para falar e comentar o observado. Xa estaba con nós outro asesor do CEP de Bollullos-Valverde, Javier Ojeda Beltrán e o director do colexio.
Descubríronnos outra posibilidade que eles aplican as Cazas de Tesouros. Os nenos e as nenas realizan eles mesmo as cazas. Non só as resolven. As crean. Contrúen o seu coñecemento desde o principio. A todas as bondades pedagóxicas das webquest, como as coñecemos e as utilizamos, de busqueda, recollida e xestión da información eles engádenlles un plus. Os nenos e as nenas crean pensando en que os seus compañeiros e compañeiras os resolvan.
Falamos dos videocontos que realizan os maiores do centro para disfrute dos máis pequenos. Criticamos á administración, falamos do que se necesita para que un proxecto TIC trunfe nun centro e noutro non. Chegamos a varias conclusións. Necesítase alguén que motive, apoio por parte da administración, motivación por parte do profesorado e implicación por parte do equipo directivo.
Fernando segue entusiasmado. Disfruta contándonos os actos organizados polo ano do Quijote, das actividades relacionadas con Juan Ramón Jímenez. Todas con actividades TIC realizadas por eles e polos seus alumnos e alumnas.
Que pasa neste colexio?
Este centro está nunha vila deprimida onde hai moita xente vivindo do PER. Onde a través do colexio e das TIC son capaces de estar no mundo e transcender do seu entorno máis cercano. Queren, como no noso proxecto, chegar a un cambio social a través das TIC. Crear nenos e nenas que non teñan nada que envexar cos privados.
Que pasa neste colexio?
Non o sei.
O que si sei e que esta e quizais a visita máis proveitosa de todas as que levo facendo. Onde hai mestres e mestras. Unicamente mestres e mestras implicados e emocionados polo seu traballo.
Noutra entrada falarei da tarde.
(por se algún dos nosos amigos de Niebla, non entende algo do que escribimos aquí facede clic aquí que vos levará aun traductor ou a este que vos levará a outro)

jueves, abril 26, 2007

De novo en marcha

Cómo relucen
Las amapolas
De Andalucía
trabajadora
Verde, blanca y verde.
Amo mi tierra
Lucho por ella
Mi esperanza
Es su bandera
Verde, blanca y verde
Verde, blanca y verde.

Xa van 7 meses sen que ninguén do Ceip Ponte dos Brozos saía polo mundo. Xa facía falta volver a saír, volver a recoller experiencias doutros compañeiros e compañeiras, volver a abrir a mente as novidades das cousas que se están a facer fora e máis aló do "telón de grelos".
Desta vez iremos 6 dous de Ed. Infantil, 2 de L.Inglesa, 1 do 3º ciclo de primaria e mías eu. Iremos visitar dous colexios que me teñen impresionado. O 1º é o de San Walabonso en Niebla (Huelva), o 1º que me sorprendeu deste colexio foi o coñecer que unha entrada da Wikipedia a voz Niebla, estaba realizada e mantida polo centro. A Fátima encantoulle a "Verdadeira historia de Caperucita". Sobre todo queremos descubrir e que nos transmitan o entusiasmo polo que fan e como se organizan para ser capaces de crear e de compartir con todos nós tantas actividades e tan boas.
A 2ª visita, xa que saimos tentaremos aproveitar ao máximo o esforzo persoal que significa esta saída, visitaremos o Ceip "Menéndez y Pelayo" de Valverde del Camino (¿quen dunha certa idade non tivo unhas botas feitas en Valverde del Camino?). Deste colexio esperamos aprender como manter unha web tan clara e tan actualizada e a organización de tantos proxectos como manteñen, en especial o de Pin_Plastic.
Se non pasa nada os días 9 e 10 de maio estaremos por terras de Huelva. Xa vos iremos contando das nosas experiencias e descubrimentos