lunes, noviembre 02, 2009

Ciberbulling

Welcome my son, welcome to the machine
where have you been? It´s alright we know where you´ve been
you´ve been in the pipeline, filling in time
provided with toys and scouting for boys.
You bought a guitar to punish your ma,
and you didn´n like school you know you´re nobody´s fool.


Pink Floyd



Empezaba o 2º día do congreso. Ás 8 xa estabamos en pé e
almorzando xa que as 9 e media empezaban de novo as comunicacións.
Deste 2º día destacar a ponencia de Wim Bekkers, Director del Instituto Holandés de Clasificación de Material Audiovisual (Holanda). que nos falou sobre un sistema para clasificar o contido dos video xogos que se está convertir nun estándar.
Destacar tamén a ponencia de Sebastián Muriel de Red.es que intentou desdramatizar un pouco todas as cousas que levabamos escoitado.

A continuación empezaban as presentacións das comunidades autónomas sobre o que estaban a facer e a comunicación da 1ª dama de Santo Domingo e decidimos ir dar un paseo por Xixón que aínda non viramos de día.
Pola tarde, e despois de escoitar a unha polaca, a unha grega, a unha neozelandesa e a varios españoles e estando a piques de empezar a sesión de clausura decidimos coller o coche e volver para casa.
A experiencia foi moi positiva. O resto das comunicacións as que non fixen referencia están na páxina web do congreso por se alguén ten interese en miralas

No hay comentarios: