miércoles, diciembre 02, 2009

Congreso Tic Malaga. 3º día.I

Sol, soliño
quentanos un pouquiño
hoxe, mañá e toda a semán

Último día do congreso. Tocaba erguerse cedo. Ás
9 da mañá empezaba unha das conferencia máis esperadas, alomenos por min, do congreso. Ía falar Manuel Area quizais o único dos grandes teorícos das Tic e a educación que me faltaba por escoitar.

Falou sobre a Alfabetización 2.0
Alfabetizar é dotar das capacidades para acceder á cultura
Dividiu a súa conferencia en 3 puntos:
1. Onde nos atopamos?. Labirinto do presente:
Época de transición. Paso da cultura materializada nos libros, clasificados, ordeados e finitos á cultura liquida cambiante efímera da tecnología digital. A cultura nestes momentos é moito máis complexa: Omnipresencia da tecnoloxía, interactividade, abundancia de información, novas formas de codificación e acceso á cultura, globalización cultural, interactividade, redes sociais de comunicación
Internet é unha grande oportunidade que ten como positivo ser unha biblioteca universal e como contrapunto saturación de información que xera ignorancia

2. A formación do cidadán do siglo XXI: Alfabetizacion 2.0
Alfabetizar no S.XXI é dotar de instrumentos para acceder á cultura
Alfabetización 0.0. Enciclopedia. Lectoescritura
Alfabetización 1.0 (anos 80 e 90)Alfabetización informática ou tecnológica
Os cidadáns do século XXI necesita multiples alfabetizaciones
• Alfabetización na lectoescritura
• Alfabetización en comunicación audiovisual (YouTubr)
• Alfabetización nas tecnoloxías dixitaiss
• Alfabetización na información (ALFIN) Interrnet busqueda, selección e tratamento da información
A multialfabetización vai máis alá que o sumatorio de alfabetizacións distintas

A competencia TICD é saber acceder e usar de forma inteligente, crítica e ética a información e comunicación a través de calquera tecnoloxía ten tres dimensións
• Dimensión instrumental. Coñecer o funcionamento de aparatos
o Saber acceder á información
o Dimensión cognitiva Síntesie, analise
o Saber transformar a información en coñecemento
• Dimensión sociocomunicacional
o Saber espresarse e comunicarse
• Dimensión axiologica (valores)
o Usar democrática e eticamente e información. Subida de videos

Despois falononos sobre as boas prácticas de aula para a competencia digital. Como ensinar esta competencia
• Proporcionar experiencias de aprendizaxe: Buscar información, crear inforrmación, comunicar información
• Desenrolar unha metodoloxía constructivista do coñecemento baseada en proxectos
• Fomentar o traballo colaborativo entre o alumnado

Temos que formar ao noso alumnado a:
• Saber localizar e analizar la información
• Saber expresarse de forma textual, multimedia e hipertextual
• Saber comunicarse e colaborar con outros
No que se refire ao profesorado temos que
• Plantexarnos a multialfabetización
• Recuperar e aplicar os principios didácticos da Escuela Nova (Dewey, Montessori
• Ser un profesor do século XXI requere ser usuaruo da web 2.0

Moi boa. Cumpríronse as expectativas. Ata as 12 volvía a estar dirixido á universidade. Fomos para fóra a tomar o sol e a preparar ao noso campeón. Ás 12 actuaba

No hay comentarios: