martes, marzo 12, 2013

DÍA 3- Xornada da mañá

Seguimos sen auga quente no hotel...aquí non imos facer comentarios pero alí xa deixamos moi claro o que pensabamos.
Nesa mañá expuxeron:
- Silvia Beatriz Ortega Salazar e Patricia Pernas da Universidade Pedagóxica Nacional en México. Conferencia relativa ás competencias da linguaxe con tecnoloxía móbil.
- Martín Restrepo da Editorial Editacuja (Brasil) quen deu a coñecer o proxecto “Mobile Education Lab (MEL) e os seus tres puntos básicos: descubrir-experimentar-inventar.
- Daniel Torres e Marta Cáceres presentando a comunidade “unX” (comunidade latinoamericana de espírito empresarial e economía dixital) que ten como estratexia principal a de implementar un novo modelo de educación superior baseado no uso intensivo das tecnoloxías como ferramenta para facilitar o acceso a recursos educativos e novos métodos innovadores para unha aprendizaxe permanente.

- Programa “Clic Vert”, programa desenvolto pola empresa de integración social " Les Ateliers du Bocage", en colaboración con Emaús Internacional e Orange. O enfoque global do programa é reunir proxectos de solidariedade dixital e a xestión dos residuos eléctricos e equipos electrónicos en África. Promoven un modelo económico sostible baseado na solidariedade: autofinanciamento a través das tendas e a creación de emprego local.

No hay comentarios: